viernes, 1 de noviembre de 2019

O samaín na biblioteca





 Chegou o samaín a nosa 
 biblioteca



A Fada, deixou moitos libros de medo, bruxas , morcegos , animais máxicos.... no novo espazo de lectura da planta baixa.

Durante  a mañá do luns e do martes tivemos a visita de dúas bruxas  facendo lecturas máxicas de contos de medo.







martes, 29 de octubre de 2019

Inauguración no CEP Plurilingüe Igrexa Valadares

            CONTOS con MÚSICA no CEP P. Igrexa- Valadares

O venres, 25 de outubro, estivemos de invitados na inauguración dun novo curso da Biblioteca Escolar dos compañeiros/as do cole de maiores.

Puidemos desfrutar cos nosos/as amigos/as de contos con música , baile  e poemas.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o fixeron os alumnos/as da escola de primaria.






sábado, 26 de octubre de 2019

Día das Bibliotecas Escolares

                                              24  DE  OUTUBRO

             DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Esta data é moi importante para tódalas bibliotecas escolares, tamén para a nosa. A nosa biblioteca, xa está inaugurada dende primeiros do mes de outubro.

Quixemos celebrar a vida dos contos cos avós e avoas do Centro de Día D´Alba de Valadares, pois eles tamén teñen a súa biblioteca de libros e saben contar moitas historias que narraron aos nenos/as.

Ó chegar ao centro de maiores fumos recibidos por : Laura, Teresa, Martín, Pepe, Pepa , Lola, Eugenia, Carmen,Emilia, Juan,Maria, Victoria, Consuelo, Perfecta, Olga, José, Fina, Mérita, Hilario,Ángela, Gsutavo e Aurea, ademáis das compañeiras encargadas de atendelos e traballar con eles, cos que elaboramos un mural xigante  de temática marina.

Compartimos un rato de merenda e o seu remate escoitamos as súas historias , contos e lendas.

Antes de marcharnos fixemos un photocoll  interxeneracional e intercambiamos un agasallo para recordar esta data.

Moitas  grazas as coidadoras  e seguro que voltaremos.


jueves, 24 de octubre de 2019

Pegadas de conto











Historias que deixan pegadas nos nenos  e nenas  que veñen  escoitalas
       PEGADAS DE CONTO 
     Usando a literatura para traballar os contidos da aula

A campaña impórtanos é una campaña de sensibilización pormovida polo “Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade” que ten como obxectivo principal o de promover a reflexión e o  compromiso de todos e todas na consecución dun mundo  máis xusto e sustentable.

Esa é a proposta dunha Educación para a Cidadanía Global que aposta pola formación de cidadáns e cidadás críticos e participativos que busquen dar respostas ética aos desafíos do mundo actual.

Cómo?
·  Poñendo en valor a conexión entre o global e o local resaltando o carácter interdependente de ambas dimensións e insistindo nas interconexións  entre pasado, presente e futuro.


·  Espertando no alumnado a capacidade de ler a realidade , a curiosidade polo que sucede e a capacidade de sorprenderse e facerse preguntas…


·  E promovendo o compromiso para o cambio, a través de acción participativa (pensar globalmente, actuar localmente)

Pensamos que os contos poden ser, unha oportunidade para achegarse da man de Bea Campos, a esta temática.

 Os  contos:




 











Botade unha ollada ao ben que o pasamos, escoitando contos con música.











Contacontos científico

            A PIRATA LOLA

Hoxe tivemos unha visita moi especial.



Xabier, un gran amigo dos animais mariños e defensor dos mares limpos e sen plásticos, amosounos dentes de tiburón, ovos  de tiburón, pel de serpe e ata unha cabeza de tiburón.








Carpeta de libro

Hoxe Martes 8 de Outubro, comezamos o servizo de préstamos de contos, libros, revistas... da  Biblioteca da Fada do Alba.

Imos recordar en que consiste esta actividade semanal:

Cada Martes os Canguros, os Tigres e os Botóns, subirán a Biblioteca, escollendo un libro, conto, revista infantil... que máis lles guste.

Despois farán o rexistro no carnet da biblioteca: escribindo o título do libro, conto ou revista xunto co gomet correspondente segundo a nosa clasificación:




O libro, conto  ou revista estará na vosa casa ata o seguinte Luns que deberá voltar a escola para poder escoller outro.

O equipo de Biblioteca, será o encargado de comprobar que cada neno/a  devolve o libro e que non está estragado, os Botóns farán tamén o seu propio rexistro de entrega de libro, este curso son encargados de Biblioteca.

Ata o remate de cada trimestre o neno/a escollerá unha lectura para compartir coa súa familia e pasar un rato entretido coas aventuras, investigacións, persoaxes...  e que logo pode compartir co resto dos compañeiros/as da aula.

    Axudade ao voso fillo/a nesta gran aventura 






Mochilas viaxeiras



Dá comezo a andaina das nosas mochilas viaxeiras, unha para cada aula, onde atoparedes:



.. Contos en Galego.
.. DVD´S sobre a vida no mar.
.. Libro de manualidades con reciclados.
.. Conto en Inglés.
.. Libro de investigación sobre un animal.

Recordade que tedes certas normas que cumprir:

  •  desfrutar desta mochila en compañia da vosa familia
  •  coidalos libros, películas e contos con agarimo
  •  a mochila permanecerá unha semana na vosa casa, logo tedes que devolvela a aula.
  • se o contido desta mochila pérdese ou estrágase teño que falar coa titora para podelo arranxar.


O samaín na biblioteca

  Chegou o samaín a nosa   biblioteca A Fada, deixou moitos libros de medo, bruxas , morcegos , animais máxicos.... no novo espa...